30 ANOS DO HUBBLE
A NASA celebra os 30 anos que o telescopio espacial Hubble leva desentrañando a beleza e o misterio do espazo coa presentación deste novo e impresionante retrato dunha tormenta de lume durante un nacemento estelar nunha galaxia veciña. Neste retrato do Hubble, a xigantesca nebulosa vermella ( NGC 2014) e a súa veciña azul máis pequena ( NGC 2020) forman parte dunha vasta rexión de formación de estrelas na Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da Vía Láctea, situada a 163.000 anos luz de distancia. A imaxe foi bautizada como "Arrecife cósmico", porque se asemella a un mundo submarino.
ENLACE A PÁXINA DO HUBBLE
ENLACE HISTORIA DO HUBBLE
ENLACE A IMAXES DO HUBBLE
ENLACE A VÍDEOS DO HUBBLE
Comentarios
Publicar un comentario