Estudo da densidade. Club de Ciencia - Espazo Maker


A práctica ten dous partes.

A primeira parte consiste en colocar cinco líquidos con diferentes densidades, nunha probeta. Os líquidos que se botan son, de maior densidade a menor: mel, xabón líquido, auga, aceite e alcohol.

No caso da auga tinguese un pouco con azul de metileno, para que a columna presentara cinco cores diferentes.

 

A colocación das diferentes capas debe facerse con coidado de non tocar as paredes da probeta e lentamente, para que os líquidos miscibles entre si (auga e xabón líquido, por exemplo) non se mesturen. 


Esta colocación realízase engadindo primeiro os líquidos máis densos, así o primeiro líquido en engadir será a mel, a continuación o xabón líquido, etc.

Esta colocación pode ser usada para explicar a colocación das capas da Terra ou calquera outro planeta.

Unha vez concluída esta parte da práctica e entendida por parte do alumnado, procédese a realizar a segunda parte, nesta ocasión partimos de auga, alcohol e aceite. 

O alumnado introduce un dedal con aceite nun vaso de precipitados, e cóbrese o dedal con alcohol de 96º, a continuación e lentamente, engádese auga facendo que esta escorregue polo vaso de precipitados. Nun momento determinado a gota de aceite sairá do dedal.



O alumnado deberá indicar o motivo deste comportamento. 

Conclusións obtidas. 

O alumnado chegou a conclusión de que o comportamento do aceite era debido a densidade dos líquidos usados. 

Coñecementos previos:
  1.  O aceite non é miscible coa auga nin co alcohol.
  2.  A auga e o alcohol son miscibles. 
  3. O líquido máis denso e a auga, logo o aceite e por último o alcohol. 
O aceite ao estar en alcohol non flota, xa que o alcohol e menos denso que o aceite, pero segundo se lle engade auga ao alcohol, a mestura resultante vai pouco a pouco aumentando a súa densidade. No momento en que a mestura alcohol – auga, alcance a mesma densidade que o aceite, este, poderá desprazarse polo mestura. No caso de incorporar máis auga, a esfera de aceite ascenderá, xa que o aceite pasará a ser menos denso que a mestura alcohol – auga; e si o que engadimos é alcohol, a esfera de aceite descenderá por ter máis densidade que a mestura alcohol – auga.

En canto ao comportamento do aceite como unha esfera en medio da mestura, débese a que non é miscible coa auga e o alcohol e parece un planeta flotando no espazo.




Comentarios

Publicacións populares