Separación de pigmentos fotosintéticos

Os cloroplastos deben a súa cor verde ao pigmento chamado clorofila. Sen embargo, o que en realidade existe nos cloroplastos é unha mestura de pigmentos representados principalmente por dous tipos de clorofilas (clorofila a e clorofila b) por carotina e por xantofila.

No experimento que deseñamos imos realizar unha solución de alcohol cos pigmentos fotosintéticos.

Material utilizado:

  •  Morteiro
  •  Funil con papel de filtro.
  •  Espinacas
  •  Alcohol de 90º
  •  Tira de papel de filtro.

Procedemento:

Colocamos nun morteiro tiras de follas de espinacas xunto con alcohol de 90º. Se tritura a mestura ata que o líquido adquire unha coloración verde intensa, posteriormente se filtra e se recolle o filtrado, que é alcohol e clorofila. 

Colocamos nun vaso de precipitados ou nun matraz, unha cantidade de ese líquido filtrado e introducimos nel unhas tiras de papel de filtro. Deixamos en repouso o vaso de precipitados coas tiras unhas 12 horas para que a solución de clorofila ascenda por capilaridade ao longo da tira do papel de filtro. 

Conclusións obtidas.

O alumnado chegou as seguintes conclusións, guiados polo profesorado.

Todas as substancias pigmentarias presentan un grao diferente de solubilidade, o que permite a súa separación cando unha solución das mesmas ascende por capilaridade por unha tira de papel de filtro, xa que as máis solubles desprázanse a maior velocidade, mentres que as menos solubles quedaran atrasadas.

Desta forma pódense ver no papel de filtro os distintos pigmentos en forma de bandas coloreadas, tanto máis desprazadas canto máis solubles sexan os pigmentos a que pertencen, e tanto máis anchas cando maior sexa a abundancia destes na mestura.

 






 

Comentarios

Publicacións populares