CELEBRAMOS O SAMAÍN COA PROPOSTA-CONCURSO "METE MEDO"
Este ano os profes makers do Espazo Maker tamén quixemos colaborar na celebración do Samaín cunha proposta "METE MEDO".
Tódolos membros da comunidade educativa estaban invitados a poñer a cara máis terrorífica nun extremo dunha caixa negra para seren fotografiados no extremo oposto.
A caixa foi adornada exteriormente cos carteis que fixo a nosa compañeira de inglés e secretaria do centro Eugenia, e interiormente polos material cedido polos compañeiros de Educación Física.
Os gañadores das caras que asustaron máis foron:
-Jesús España de 4º ESO A.
-Javier, o noso apreciado compañeiro de mantenemento.
Foron premiados con dúas figuras das calaveras que fixo coa impresora 3D cedidas polo compañeiro Iván da Silva, profesor de Física e Química.
Grazas especialmente por cedelas para agasallar aos gañadores.
Os profes Makers do IES Monte Castelo colaboramos activamente na celebración do Samaín aportando o material audiovisual, montando a caixa negra "Mete Medo" e facendo o cartel final.
Aquí vai unha mostra fotográfica da actividade.
Comentarios
Publicar un comentario