Fototropismos

 Os materiais que utilizamos para realizar o experimento son:

·         Sementes xerminadas de lentellas.

·         Tubos de ensaio.

·         Caixa cartón

 

A partir dunhas lentellas, que esperamos que xerminaran no laboratorio, realizáronse unha serie de estudos con elas.

O primeiro foi o estudo do fototropismo das follas e partes verdes da planta. Para poder realizalo, colocamos en un tubo de ensaio con auga (para que a plántula non se seque) a semente de lentella xerminada e a mantemos no interior dunha caixa de cartón cun burato no lateral dereito, durante dúas semana.

Conclusións obtidas.

Unha vez pasadas as dúas semanas, procédese a observar como están as follas da planta. A conclusión é que as follas e partes verdes das plantas teñen un fototropismo positivo, e dicir, crecen cara o foco de luz, mentres que as raíces non se ven afectadas, polo que non teñen fototropismo positivo.



 

Comentarios

Publicacións populares