Xeotropismo
Os materiais que utilizamos para realizar o experimento son:
· Sementes xerminadas de lentellas.
· Vaso de precipitados.
· Papel filtro
· Terra
Nesta ocasión o profesorado indica ao alumnado unha hipótese, para elo informamos que as raíces das plantas crecen cara abaixo, xeotropismo positivo, mentres que as partes verdes da planta, tallo e follas, teñen un xeotropismo negativo e que o teñen que demostrar de forma experimental.
Realización do experimento para demostrar a hipótese.
Para poder demostrar esta hipótese o alumnado ten que realizar un experimento.
O experimento consistiu en colocar unha semente xerminada de lentella nun vaso de precipitados, cheo de terra húmida, para poder observar a lentella colocouse un papel de filtro entre o vidro do vaso de precipitados e a terra e procederon a colocar a lentella coa folla e o tallo cara abaixo e a raíz cara arriba.
O Resultado móstrase na fotografía realizada despois dunha semana:
Nesta imaxe pódese apreciar como o tallo da lentella xira e diríxese en contra da terra, xeotropismo negativo, mentres que a raíz xira sobre si mesma e diríxese ao interior da terra, xeotropismo positivo.
Descartamos a luz, xa que está a recibir a mesma cantidade de luz a través do vidro e descartamos a humidade porque é constante en todo o vaso.
Comentarios
Publicar un comentario